CONSELLERÍA DE SANIDADE - Secretaria xeral técnica
Natalia Lobato Mosquera
Naceu en Santiago de Compostela en 1983. É licenciada en Dereito coa mención de premio extraordinario de licenciatura e posee o Diploma de Estudos Avanzados en Dereito Tributario Europeo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), na que ademais realizou tarefas de investigación.
Funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, ocupou diversos cargos desde o ano 2009.
Entre outros postos, foi subdirectora xeral de Xestión Económico-Administrativa, así como subdirectora xeral de Réxime Xurídico, ámbolos dous cargos na Consellería de Presidencia.
Tamén ocupou o posto de vicesecretaria xeral nese mesmo departamento e na actualidade ocupaba o posto de vicesecretaria xeral na Secretaría Xeral da Presidencia.