Comezou a súa traxectoria profesional no sector privado, como avogada en diversas consultorías de enxeñeiros e como responsable de asistencias técnicas para diferentes administracións publicas.
Desempeñou diversos postos na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos e na Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia, primeiro en distintos departamentos destas entidades e, posteriormente, como apoio xurídico á dirección de Augas de Galicia.
No ámbito académico participou na xestión de publicacións académicas formando parte do consello de redacción de revistas xurídicas, tendo publicado diversos artigos xurídicos e comunicacións en congresos.