Arturo López Iglesias
Naceu na Estrada en 1973. Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, universidade na que tamén realizou un máster en Administración Financeira e Tributaria e un curso de posgraduado en Dereito Tributario. Posúe tamén un máster en Big Data e Bussines Analitycs pola Universidade Complutense de Madrid.
Asemade, realizou os seguintes cursos na Xunta de Galicia: "Curso para a obtención do diploma da escala superior de finanzas especialidade intervención" e "Curso para a obtención do diploma da escala superior de finanzas especialidade inspección e xestión tributaria".
Subdirector Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario na Consellería de Cultura (2008-2010).
Subdirector Xeral de Planificación Económica na Consellería de Facenda (2010-2012).
Subdirector Xeral de Programación Financeira do Sector Público na Consellería de Facenda (2012- 2017).
Auditor do Consello de Contas de Galicia desde o 2017 ata novembro de 2021.