Elena Mancha Montero de Espinosa

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE - Directora xeral de Relacións Laborais

Elena Mancha Montero de Espinosa

Naceu no ano 1969 en Cádiz. É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e fixo un Máster Superior en Prevención de Riscos Laborais. Funcionaria de carreira do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social desde 1995.

No ano 1996 obtivo praza na Coruña como inspectora de Traballo e Seguridade Social. Así, Mancha Montero de Espinosa exerceu de xefa da Unidade de Seguridade e Saúde Laboral e de xefa suplente da Inspección de Traballo da Coruña entre 2010 e 2016, un tempo no que tamén foi titular do Equipo de Valoración de Incapacidades (EVI) no Instituto Nacional da Seguridade Social.

A súa última responsabilidade, antes deste nomeamento como directora xeral de Relacións Laborais, foi como xefa de equipo de Seguridade Social dende 2017 ata a actualidade, un período no que tamén desempeñou o papel de mediadora no Consello Galego de Relacións Laborais. A maiores, exerce como árbitra de eleccións sindicais dende 2007.

No ámbito docente, Elena Mancha Montero de Espinosa deu clase no Máster da Xurisdición Social da Escola de Relacións Laborais da Coruña, entre 2017 e 2020. Con anterioridade, foi docente en diversos másters superiores de prevención de riscos laborais con distintas entidades e universidades entre 1998 e 2008.

Así mesmo, a nova directora xeral de Relacións Laborais interveu como relatora en conferencias sobre o Dereito do Traballo en organizacións sindicais e empresariais ao longo de toda a súa carreira profesional.