José Ramón Pardo Cabarcos

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE - Secretario xeral técnico

José Ramón Pardo Cabarcos

Naceu en 1964 en Lugo. Licenciado en Dereito pola USC no ano 1988 e Máster en Xestión da Calidade da Formación pola UNED no ano 2005, é funcionario de carreira do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia.

A súa carreira profesional estivo sempre moi vinculada á Administración pública galega. Así, dende o ano 1993 desempeñou diferentes cargos nela, entre eles o de subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e o de secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

A súa última responsabilidade, antes deste nomeamento como secretario xeral técnico, foi como subdirector xeral de Réxime Xurídico da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cargo que veu desempeñando dende febreiro de 2015 ata a actualidade.

No ámbito docente, José Ramón Pardo Cabarcos foi titor do II Máster en Xestión da Calidade da Formación (UNED), así como relator de diversas conferencias sobre fundacións de interese galego.