María Francisca Gómez Santos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE - Secretaria xeral técnica

María Francisca Gómez Santos

Nada en Ribeira en 1965, é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Durante a súa traxectoria profesional desempeñou os seguintes cargos:

  • Secretaria do subdirector xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Xuventude, dende o 16 de febreiro de 1993 ata o 20 de setembro de 1993. 
  • Xefa de grupo na delegación da Coruña da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dende o 21 de setembro de 1993 ata o 3 de novembro de 2005. 
  • Xefa de negociado do Servizo Técnico Xurídico na Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dende o 4 de novembro de 2005 ata o 16 de decembro de 2005. 
  • Xefa da Sección de Familia e Programas Especiais na Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, dende o 16 de decembro de 2005 ata o 9 de marzo de 2006.
  • Inspectora de Servizos Sociais na Secretaría Xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, dende o  10 de marzo de 2006 ata o 17 de marzo de 2008. 
  • Xefa do Servizo de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia na Secretaría Xeral de Familia da Consellería de Traballo e Benestar, dende o 18 de marzo de 2008 ata o 7 de xullo de 2010. 
  • Xefa da Sección Administrativa do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar, dende o 8 de xullo de 2010 ata o 30 de decembro de 2010. 
  • Analista de Xestión do Rendemento e Calidade (nivel 28) na Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dende o 31 de decembro de 2010 ata o 12 de outubro de 2014. 
  • Xefa do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, dende o 13 de outubro de 2014 ata o 28 de setembro de 2017. 
  • Xefa territorial da Coruña da Consellería de Política Social, dende o 29 de setembro de 2017 ata o 24 de xaneiro de 2019.