José Luis Chan Rodríguez

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL - Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

José Luis Chan Rodríguez

Nacido en 1963 no Carballiño (Ourense), é enxeñeiro técnico en Explotacións Forestais pola E.U.I.T. Forestal da Universidade Politécnica de Madrid (1986) e enxeñeiro superior de Montes pola E.T.S.E. de Montes de Lugo da Universidade Politécnica de Santiago (1998).

Funcionario do corpo facultativo medio da Xunta de Galicia (Grupo B). Escala de enxeñeiros técnicos forestais (1987-2003).

Funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (Grupo A). Escala de enxeñeiros de montes (desde 2003).

Experiencia profesional:

  • 1987-2001. Ocupou diferentes postos técnicos no Servizo Provincial de Montes da Coruña: xefe de negociado de Produción e Xestión, xefe de Sección Técnica I e xefe de Unidade Técnica I.
  • 2001-2005. Xefe de servizo de Xestión de Montes. Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural. Consellería de Medio Ambiente.
  • 2005-2014. Subdirector xeral de Recursos Forestais. Dirección Xeral de Montes. Consellería de Medio Ambiente e Consellería de Medio Rural.
  • 2014-2015. Xefe de Área de Fomento Forestal. Servizo de Montes da Coruña.
  • Dende o 2015. Xefe de servizo de Montes da Coruña.