Silvestre José Balseiros Guinarte

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL - Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Silvestre José Balseiros Guinarte

Naceu en Cerdedo (Pontevedra) en 1961. É administrativo comercial, diplomado especialista en linguaxe administrativa xurídica galega e técnico informático na especialidade de aplicacións na Administración local.

Balseiros entrou na Administración local como funcionario o 1 de xaneiro de 1982 en calidade de xefe de negociado de Estatística, Recrutamento e Actas.

En 2002 ocupou o posto en funcións de secretario-interventor de Cerdedo, concello do que foi alcalde-presidente dende 2005 ata 2016. A partir dese ano desempeñou os cargos de vicepresidente municipal e deputado autonómico do Parlamento de Galicia.

Durante estes últimos anos formou parte de varias comisións tanto na Deputación Provincial de Pontevedra coma no Parlamento autonómico, sendo voceiro de incendios e asuntos forestais e membro da Comisión 7ª do Grupo Popular.

En outubro de 2018 foi nomeado director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e director do Fondo Galego de Garantía Agraria da Consellería do Medio Rural.