Cristina Pichel Toimil

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE- Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Cristina Pichel Toimil

Naceu en Lalín (Pontevedra) en 1989 e en 2011 licenciouse en Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Realizou cursos especializados en lingua e linguaxe nos medios e en periodismo deportivo.

  • Redactora en prácticas durante o verán de 2010 no xornal Faro de Vigo, na delegación de Deza-Tabeirós-Montes.
  • Redactora en prácticas durante o verán de 2011 en ABC Galicia.
  • Redactora en ABC Galicia desde xaneiro de 2012 ata marzo de 2015.
  • Redactora do gabinete de prensa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desde marzo de 2015 ata setembro de 2018.
  • Redactora do gabinete de prensa da Consellería de Cultura e Turismo desde setembro de 2018 ata decembro de 2018.