Santiago Villanueva Álvarez

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES - Director xeral de Emerxencias e Interior

Santiago Villanueva Álvarez

Nado en 1966 en Monterrei (Ourense), é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ao longo da súa traxectoria desempeñou as seguintes funcións:

  • Xefe do Servizo de Formación na Academia Galega de Seguridade.
  • Xefe do Servizo de Estudos e Publicacións de Academia Galega de Seguridade.
  • Subdirector xeral de Administración Local.
  • Subdirector xeral de Cooperación e Réxime Xurídico.
  • Subdirector xeral de Xestión e Cooperación Económica coas entidades locais.
  • Director xeral de Emerxencias e Interior.
  • Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.
  • Delegado do Goberno en Galicia.

Santiago Villanueva foi presidente dos consorcios contraincendios e de salvamento das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra e mais das comarcas de Verín, A Limia e Valdeorras, así como vicepresidente da Axencia Galega de Emerxencias.