Manuel Vila López

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES - Secretario xeral técnico

Manuel Vila López

Naceu na Fonsagrada (Lugo) en 1965. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou en 1993 no Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia. Diploma directivo da Xunta de Galicia.

Desenvolvemento de responsabilidades en distintos departamentos relacionados con proxectos vinculados tanto a área educativa e social como en áreas económicas e para a planificación, así como en implementación de redes de transporte.

Foi xefe do Servizo de Xestión de Servizos Educativos Complementarios (1996-2002), na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; subdirector xeral de Familia (2002-2009) na Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude; xefe do Servizo de Xestión Económica, coordinador de Planes de Transporte Metropolitano (2009-2010), da Dirección Xeral de Mobilidade, e subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desde outubro de 2010 ata 5 de outubro de 2018, responsable do desenvolvemento de programas nos eidos da  innovación educativa, a educación dixital, o plurilingüismo, a atención á diversidade e a ordenación académica.