Fernando González Abeijón

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE - Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Fernando González Abeijón

Nado en Vigo en 1980, é diplomado en Xestión e Administración Pública (Universidade de Vigo), licenciado en Ciencias Políticas e da Administración (Universidade de Santiago de Compostela) e graduado en Dereito (Universidade Nacional de Educación a Distancia). Está en posesión dun mestrado universitario en Prevención de Riscos Laborais (Universidade de Vigo) e do diploma de directivo da Xunta de Galicia.

Ingresou no ano 2002 no Corpo Auxiliar da Xunta de Galicia e na categoría de Persoal de Servizos Xerais do Servizo Galego de Saúde (excedencia voluntaria por incompatibilidade), no ano 2005 no Corpo Administrativo da Xunta de Galicia (excedencia por prestación de servizos no sector público), e no ano 2011 no Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Durante a súa traxectoria profesional na Administración pública galega desenvolveu os seguintes postos de traballo:

  • Auxiliar administrativo no Servizo de Urxencias do Hospital Xeral de Vigo (2001).
  • Auxiliar administrativo no Servizo de Persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo (2001-2002).
  • Auxiliar administrativo na delegación provincial de Pontevedra da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (2002-2003).
  • Posto base grupo D na Área Provincial de Pontevedra do Instituto Galego da Vivenda e Solo (2003-2005).
  • Xefe de grupo na Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (2005-2006).
  • Xefe de negociado de subvencións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, na Consellería de Vivenda (2006-2007).
  • Xefe de sección administrativa na Secretaría Xeral da Igualdade, na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (2007-2008).
  • Inspector de Servizos Sociais, na Consellería de Traballo e Benestar (2008-2013).
  • Xefe do Servizo de Inspección de Familia e Menores, na Consellería de Traballo e Benestar (2013-2014).
  • Subdirector xeral técnico e de Planificación no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), na Consellería de Economía, Emprego e Industria (2014-2019).
  • Subdirector xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais na Consellería de Política Social (dende 2019).