CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia
Tomás Otero Ferreiro
Naceu en 1974 en Santiago de Compostela (A Coruña). Licenciado en Dereito pola USC en 1997, é funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional e do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia.
Principais postos desempeñados:
- Interventor do Concello de Padrón
- Secretario-interventor do Concello de Cerdedo
- Secretario-interventor do Consorcio Local Conca do Lérez
- Vogal do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia dende o 27.02.2018