María Sagrario Pérez Castellanos
Nada en Cáceres en 1962, é licenciada en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid e funcionaria de carreira membro dos servizos veterinarios oficiais da Xunta. Ten o diploma de directivo da Administración autonómica de Galicia e o certificado de curso de capacitación para funcionarios estranxeiros da FSIS–USA.
Veterinaria clínica en exercicio privado de 1985 a 1991.
En 1991 comeza a súa andaina na Administración pública galega ata acadar o título de funcionaria de carreira en 1994.
Ocupou diversos cargos na Administración galega entre 1994 e 2001 como xefa de servizo de Control Alimentario e subdirectora xeral de programas de Saúde Pública.
Dende o ano 2002 e ata o 2012 exerce diferentes cargos en varias administracións e institucións:
- Xefa de gabinete do conselleiro de Sanidade de Madrid
- Subdirectora de Alertas Alimentarias na Axencia Española de Seguridade Alimentaria
- Conselleira de Sanidade e Consumo na representación permanente de España ante a UE en Bruxelas
- Xefa de gabinete do conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia
- Conselleira de Asuntos Autonómicos na representación permanente de España ante a UE en Bruxelas
- Asesora parlamentaria do Grupo Popular no Congreso dos Deputados
- Directora xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia
- Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
- Directora xeral de Carteira Básica de Servizos do SNS e Farmacia no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
Dende o ano 2012 ata o seu actual nomeamento ocupou o posto de responsable de asuntos científicos e regulatorios de Coca-Cola Iberia.