Natalia Prieto Viso
Naceu en Ourense en 1979. É licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo, Campus de Ourense (1997-2002), e funcionaria de carreira do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia e do Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado (este último en excedencia).
Desde xaneiro de 2013 ata setembro de 2020 desempeñou o posto de directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Na súa traxectoria profesional comezou como técnica de Medio Ambiente na Cámara de Comercio e Industria de Ourense.
Ocupou distintos postos na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da entón Consellería de Cultura e Deporte e na Delegación do Goberno de Madrid.
Posteriormente foi xefa da sección de contratación de Augas de Galicia e, dentro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, foi xefa do Servizo Técnico-Xurídico e subdirectora xeral de Réxime Xurídico, Administrativo e Recursos Humanos.