Carmen Durán Parrondo

CONSELLERÍA DE SANIDADE - Directora xeral de Saúde Pública

Carmen Durán Parrondo

Nada en Madrid en 1966. Licenciatura (1987-1991), tese de licenciatura e grao (1993) e doutoramento cum laude en Farmacia (1995) pola Universidade de Valencia. Especialista, vía FIR, en Farmacia Hospitalaria (Hospital Xeral Universitario de Valencia 1996-1999); Programa de Dirección Sanitaria do Servizo Galego de Saúde da Escola de Directivos (Santiago de Compostela 2015), e especialista universitaria en Coidados Paliativos (Universidade da Coruña 2016).

  • Farmacéutica de atención primaria do Servizo Galego de Saúde (2000-2010).
  • Coordinadora da Unidade de Uso Racional de Recursos da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela (2010-2012).
  • Coordinadora de farmacia extrahospitalaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela (2012 -2015).
  • Xerente executiva da Área Sanitaria de Cervo (2015-2017).
  • Subdirectora xeral de Avaliación Sanitaria e Garantías. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria (2017-2019).
  • Subdirectora xeral de Atención Hospitalaria. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria (2019-2020).