Francisco Conde López

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN - Vicepresidente primeiro e conselleiro

Francisco Conde López

Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009, onde ocupou diferentes responsabilidades.

  • Director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman.
  • Secretario do Instituto de Estudos Europeos.
  • Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de 2002 a 2004.
  • Director de Relacións Internacionais de 2004 a 2005.
  • Vicerreitor de Relacións Internacionais de 2005 a 2009.
  • Foi asesor do presidente da Xunta de Galicia de 2009 a 2012.
  • Foi conselleiro de Economía, Emprego e Industria desde 2012 ata 2020.
  •  
  • No ano 2020 foi nomeado vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación.
  • En maio de 2022 toma posesión como vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación.