Miguel Corgos López-Prado

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Conselleiro

Miguel Corgos López-Prado

Nado na Coruña en 1971, é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña, na especialidade de economía financeira. Ademais, conta cun Posgraduado en Auditoría de Contas e un Mestrado en Administración Financeira e Tributaria pola mesma universidade.

Desde o 2001 pertence á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia na especialidade de Intervención-auditoría e na de Inspección e xestión financeira e tributaria.

Ata a data exercía como director xeral de Planificación e Orzamentos na Consellería de Facenda e Administración Pública. Anteriormente, foi subdirector xeral de Control Financeiro Permanente na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e subdirector xeral de Control Orzamentario de Gasto na Dirección Xeral de Orzamentos.