Susana Rodríguez Carballo

CONSELLERÍA DO MAR - Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Susana Rodríguez Carballo

Naceu en Ourense en 1965. É licenciada en Ciencias Biolóxicas, na especialidade de Zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutoranda en cursos de terceiro ciclo realizados no Programa de Bioloxía Mariña e Acuicultura que pertence ao Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Economía Pesqueira, departamento de Economía Aplicada da USC.

No ano 1996 ingresou no corpo facultativo de grado medio da Xunta de Galicia, escala de Axentes de Extensión Pesqueira.

Desde o 1998 ao 2005: xefatura de Servizo de Marisqueo na Dirección  Xeral de Recursos Mariños na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Desde o 27/02/2006 ao 01/08/2007: xefatura de Servizo de Xestión Administrativa na Dirección Xeral de Recursos Mariños.

Ano 2009: nomeada funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de biólogos.