Silvia Cortiñas Fernández

CONSELLERÍA DO MAR - Secretaria xeral técnica

Silvia Cortiñas Fernández

Naceu en Caracas (Venezuela) en 1971. É licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais na sección Empresariais, especialidade Financiamento, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), e posúe o diploma de directiva da Xunta de Galicia.

Funcionaria do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia, ocupou desde 1999 distintos postos na Administración pública galega.

Entre os cargos que desempeñou está o de xefa de servizo de Programas de Cooperación na Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar entre os anos 2002 e 2013 e o de subdirectora xeral de Servizos Sociais e Xestión Económica na Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Consellería de Traballo e Benestar desde 2013 ata 2015.

De 2017 a 2018 ocupou o posto de vicesecretaria xeral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e entre outubro de 2018 e setembro de 2020, o de vicesecretaria xeral da Consellería do Medio Rural.