Obtivo a acta de deputada no Congreso pola Coruña dende outubro de 1992 ata 1996, ano no que saíu elixida senadora ata 2008. Ese ano volveu obter a acta de deputada no Congreso ata xuño de 2011, dimitindo para ser nomeada delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.
Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2012, causando baixa o 14 de decembro de 2012 para incorporarse de novo como delegada territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.
En novembro de 2015 pasa a ser directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e directora do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) na Consellería do Medio Rural, cargo que ostentou ata o 5 de outubro de 2018.