Mª del Carmen Bouso Montero

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA - Secretaria xeral técnica

Mª del Carmen Bouso Montero

Naceu en Oviedo en 1964. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (xuño de 1987).

Ingresa na Escala de Técnicos de Xestión da Universidade de Santiago de Compostela polo sistema de oposición libre o 28 de novembro de 1988.

É nomeada xefa do Servizo Xurídico da Universidade de Santiago de Compostela o 2 de xuño de 1989.

É nomeada letrada da Xunta de Galicia mediante convocatoria de libre designación desde o 20 de xaneiro do 1990, nivel 28, con funcións de representación e defensa xurisdicional da Administración autonómica.

Intégrase na escala de letrados da Xunta de Galicia creada por Lei 7/1984, do 26 de xuño, mediante Decreto 214/1993, do 24 de setembro.

É nomeada xefa do Gabinete de Estudos e Dereito Comunitario en comisión de servizos desde o 22 de outubro de 1994.

É nomeada xefa do Gabinete de Desenvolvemento Lexislativo en comisión de servizos desde maio de 1995.

É nomeada xefa do Gabinete de Desenvolvemento Lexislativo tras a convocatoria de libre designación desde o 29 de maio de 1997.

Presta servizos como letrada do Consello Consultivo de Galicia en situación de comisión de servizos desde o 18 de abril do 2000 ata o 18 de outubro do 2000.

É nomeada directora xeral de Recursos Mariños na Consellería de Pesca polo Decreto 387/2003, do 23 de outubro do 2003 ata o 11 de agosto do 2005.

Posteriormente é titular do Gabinete de Desenvolvemento Lexislativo da Asesoría Xurídica Xeral ata que ocupa a asesoría xurídica da consellería do Medio Rural e do Mar.

É nomeada directora xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar Social o 2 de outubro de 2014.

É nomeada secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural polo Decreto 141/2015 do 8 de outubro (DOG do 9 de outubro de 2015) ata o 5 de outubro de 2018, data na que cesa polo Decreto 110/2018 do 4 de Outubro (DOG do 5 de outubro de 2018).