Arturo Parrado Puente

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL - Director xeral de Inclusión Social

Arturo Parrado Puente

Naceu en Teo en 1962 e realizou estudos de bacharelato superior e COU.

Exerceu como asesor técnico da empresa da Fundación ONCE Sistemas Integrales Sanitarios, desde outubro de 1996 a febreiro de 1998.

Desempeñou o posto de xefe do Departamento de Servizos Sociais para Afiliados da Delegación Territorial da ONCE en Galicia, desde febreiro de 1998 a maio de 2007.

Exerceu como director da Dirección Administrativa da ONCE en Vigo, desde maio de 2007 a maio de 2011, e como director da Axencia Administrativa da ONCE en Santiago de Compostela, desde maio de 2011 ata xaneiro de 2016.

Desde xaneiro de 2016 é director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia.