Jacobo Rey Sastre

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE - Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Jacobo José Rey Sastre

Nado en Santiago de Compostela en 1981, é licenciado en Xornalismo (especialidade de Xornalismo Audiovisual) pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (2003).

Entre 2004 e 2013 traballou en diversos medios de comunicación galegos como o Grupo Voz de Galicia, Radio Galicia-Cadena SER ou a Axencia Galega de Noticias, empresa na que chegou a ocupar o cargo de director.

Entre 2013 e 2020 foi xefe de comunicación da Consellería de Facenda.

En setembro de 2020 foi nomeado director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, cargo que ocupa na actualidade.