CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES - Directora xeral de Formación Profesional
María Eugenia Pérez Fernández
Naceu en Baiona (Pontevedra) en 1964. Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e técnica superior en Prevención de Riscos Laborais nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicoloxía aplicada.
Inicia a súa actividade profesional en 1987 na empresa Financiera Maderera SA. En 1993 ingresa no Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia, polo que a súa carreira profesional está moi vinculada a partir de entón ao desenvolvemento de responsabilidades en distintos departamentos da Administración autonómica. Estes foron algúns dos nomeamentos, entre outros:
- En 1993, xefa de servizo de Coordinación de Policías Locais e Seguridade Viaria na Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Presidencia e Administración Pública.
- En 1994, xefa de servizo de Contratación e Equipamento na Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- En 2001, subdirectora xeral de Centros na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- En 2008, subdirectora xeral de Administración e Persoal no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral na Consellería de Traballo e Benestar.
- En 2009, subdirectora xeral de Orientación Profesional e Relación con Empresas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- En 2012, subdirectora xeral de Formación Profesional na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e secretaria do Consello Galego de Formación Profesional.
- En 2020, subdirectora xeral de Innovación, Orientación e Formación dos Recursos Humanos na Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.