Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Licenciado en Filoloxía Hispánica no ano 1988 e doutor en Filoloxía no ano 1999 pola Universitat Autónoma de Barcelona.
Profesor do departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo desde 1992, sendo Profesor Titular de Universidade desde 2000.
Director do servizo lingüístico da Universidade de Vigo (período 2001-2005) e director do departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo (período 2006-2009).
No ámbito da política lingüística, ademais de dirixir durante cinco anos un servizo lingüístico universitario, participou na elaboración do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Como sociolingüista, é autor de numerosas publicacións sobre política e planificación lingüística, así como sobre contacto de linguas.
Foi secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no período 2009-2012.
Desde o ano 2012 ata 2018 foi secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pasando en outubro de 2018 a ocupar a Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo.