Joaquín Macho Canales

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE - Secretario xeral técnico

Joaquín Macho Canales

Naceu en Sevilla en 1975. É licenciado en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas.

Desde 2006 é funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, na escala de letrados. Desempeñou tarefas de responsabilidade como letrado asesor no Gabinete Xurídico Territorial de Santiago.

No ano 2009 foi nomeado subdirector xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa da Consellería do Mar e en 2012 desempeña o cargo de vicesecretario xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar. Posteriormente, no 2013 desenvolve o posto de asesor xurídico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Con anterioridade ao seu nomeamento, ocupaba o cargo de vicesecretario xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.