Pablo Fernández Vila

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN - Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Pablo Fernández Vila

Nado en Ourense en 1986. Enxeñeiro superior de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña con premio extraordinario fin de carreira (2010) e Máster en túneles e obras baixo terra. Desde o ano 2017 é funcionario de carreira do Corpo Superior, do Corpo de Xestión e do Corpo administrativo (nestes dous últimos en situación de excedencia) da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Tras desempeñar diferentes responsabilidades no ámbito da obra civil e das enerxías renovables, entrou a formar parte da Administración da Xunta de Galicia no ano 2017, ocupando diferentes postos na Consellería de Economía, Emprego e Industria e na Consellería de Política Social. Desde novembro de 2020 estivo ao fronte da Xefatura Territorial en Ourense da actual Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.