Covadonga Toca Carús

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE - Secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Covadonga Toca Carús

Naceu en Santander en 1962. Obtivo o máster de Dirección de Recursos Humanos e o máster superior en Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Santiago de Compostela (especialidades Seguridade, Hixiene e Ergonomía). Realizou tamén o curso Superior Relacións Laborais do Consello Galego de Relacións Laborais e a Universidade de Santiago de Compostela.

Avogada en exercicio (novembro 1986 - novembro 1988).

Asesora xurídica da Confederación Empresarial de Ourense (novembro 1988 -  decembro 1989).

Secretaria xeral da Confederación Empresarial de Ourense (decembro 1989 - xaneiro 1994).

Secretaria do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (febreiro 1994 - febreiro 2003).

Directora técnica da Cámara de Comercio e Industria de Ourense (marzo 2003 - febreiro 2004).

Secretaria xeral da Cámara de Comercio e Industria de Ourense  (febreiro 2004 - xullo 2009).

Xerente da Fundación Fomento para a Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (xullo 2009 - decembro de 2011).

Secretaria xeral do Instituto Galego Promoción Económica  (Igape) da Xunta de Galicia (decembro 2011 - outubro 2015).

Secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia (novembro 2015 - setembro 2020).