Manuel Heredia Pérez

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN - Director xeral de Comercio e Consumo

Manuel Heredia Pérez

Nado en 1976 en Madrid, estudou na Universidade de Artes de Londres.

A traxectoria laboral de Heredia está vinculada ao sector do comercio desde hai máis de vinte anos, tanto en establecementos retallistas na cidade da Coruña como no sector téxtil, no ámbito do deseño e no departamento de compras de empresas como Pull and Bear, PVH Arrow e Zara, con responsabilidades nos mercados nacionais e internacionais.

Desde hai un ano Heredia Pérez traballaba para a compañía Guess Europe en Suíza, como responsable de produción de prenda exterior e denim para o mercado europeo.