Paula Uría Traba

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN - Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Paula Uría Traba

Naceu en 1975 en Ferrol (A Coruña). Enxeñeira industrial na especialidade enerxética pola Escola Politécnica Superior de Ferrol e Máster en xestión de enerxías renovables pola Universidade de Cádiz, é funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, na escala de enxeñeiros industriais.

A súa traxectoria profesional está ligada á Administración autonómica, na que desempeñou diversos cargos tanto no Instituto Enerxético de Galicia (Inega) como na anterior Dirección Xeral de Enerxía e Minas da que era, desde 2015, subdirectora xeral de Enerxía. Esta experiencia fai que destaque polo seu amplo coñecemento dos tempos e da xestión na Administración.