María Encarnación Rivas Díaz
Naceu en Monforte de Lemos en 1962. Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, licenciándose no ano 1988 na especialidade de Urbanismo. Conta con tres cursos superiores de Técnico de Urbanismo e un Máster de Proxectación Urbanística e Territorial.
Nos anos 1992 e 1993 foi arquitecta do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Entre agosto de 1995 e setembro de 1999, no Servizo Provincial de Urbanismo da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
No ano 2000 gañou por oposición a praza de arquitecto municipal do Concello de Pontevedra, ocupando a Xefatura da Oficina Técnica de Disciplina Urbanística.
En xullo de 2004 foi nomeada xerente de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, onde permanecería ata decembro de 2006.
No ano 2008 foi nomeada asesora urbanística da Deputación Provincial de Pontevedra, desenvolvendo esa función case un ano e medio.
En maio de 2009 foi nomeada Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.