Nicolás Vázquez Iglesias

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL - Secretario xeral técnico

Nicolás Vázquez Iglesias

Naceu en Lugo en 1974. Licenciado en Ciencias Físicas, especialidade de Física Fundamental (1996, Universidade de Santiago de Compostela), é enxeñeiro superior industrial, especialidade de Técnicas Enerxéticas (2003, Universidade Nacional de Educación a Distancia), e realizou o Máster Universitario en Xestión de Enerxías Alternativas (2002, Universidade de Cádiz). Pertence ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros industriais.

Entre 1997 e 2001 traballou no sector privado, no ámbito da consultoría de sistemas da información.

Desde xuño de 2001 ata outubro de 2015 traballou no Instituto Enerxético de Galicia, ocupando diferentes postos: xefe de Unidade Técnica de Estudos e Promoción de Enerxías Renovables, xefe da Área de Enerxías Renovables e xefe da Unidade Técnica de Enerxía Eólica e Mareomotriz.

Desde novembro de 2015 ata setembro de 2020 ocupou o posto de vicesecretario xeral na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.