Ángel Luis Tarrío Tobar
Ángel Luis Tarrío Tobar
Naceu en Santiago de Compostela (A Coruña) en 1970. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario da Escala Superior de Estatística, do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia desde 1996.
Realizou os cursos de doutoramento en Econometría Sectorial na USC, dispón do diploma de directivo da Xunta de Galicia e realizou diversos cursos relacionados coa estatística pública e a avaliación de políticas públicas, entre outros.
Desenvolveu a súa carreira administrativa en distintos postos directivos no Instituto Galego de Estatística, entre eles, o de subdirector xeral de Síntese, Análise e Difusión, así como o de director xeral do IGE.
Dende 2013 viña desempeñando o posto de subdirector xeral de Planificación, na Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda e Administración Pública.