David Cabañó Fernández

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

David Cabañó Fernández

Naceu na Coruña en 1970. Máster en Banca, Finanzas e Seguros na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Santiago de Compostela (2006-2007). Licenciado en Administración de Empresas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias na Universidade da Coruña (1993-1995). Diplomado en Ciencias Empresariais (especialidade de Informática de Xestión) pola Escola Universitaria de Estudios Empresariais da Universidade da Coruña (1990-1993) e técnico en Informática de Xestión (Colexio Liceo La Paz da Coruña 1998-1990).

Funcionario do Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia -Escala técnica de finanzas- dende ao ano 1999.

Na Xunta de Galicia desempeñou os postos de:

  • Director xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Facenda, desde febreiro de 2015
  • Xefe de sección de Transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense (1999-2002)
  • Xefe de sección de control de taxas e prezos. Dirección xeral de tributos (2002-2005)
  • Técnico tributario. Delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda de A Coruña (2005–2006)
  • Xefe do servizo de operacións financeiras. Dirección xeral de Política Financeira e Tesouro. Consellería de Facenda (2006-2015)