Almudena Chacón Pichel

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Directora xeral de Planificación e Orzamentos

Almudena Chacón Pichel

Nada na Coruña en 1973, é funcionaria da Escala Superior de Finanzas (Grupo A1) da Xunta de Galicia dende outubro de 2001. Licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña (1991-1996) e realizou no Reino Unido o Máster en Estudos Fiscais da Universidade de Bath (1996-1997), cunha bolsa da Fundación Caixa Galicia. Así mesmo, fixo os cursos da Xunta para a obtención do diploma da escala superior de finanzas especialidade intervención e especialidade inspección e xestión tributaria e mais o da EGAP para a obtención do diploma de directiva (2008).

  • Xefa do Servizo de Fiscalización e Contabilidade na Intervención Delegada da Consellería de Medio Rural. Consellería de Facenda (2001-2005).
  • Interventora delegada da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Consellería de Facenda (2005-2009).
  • Subdirectora xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas da Intervención Xeral da Consellería de Facenda (2009-2011).
  • Interventora xeral da comunidade autónoma dende xaneiro de 2012 ata novembro de 2021.
  • Directora xeral de Planificación e Orzamentos dende novembro de 2021.