María del Socorro Martín Hierro

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

María del Socorro Martín Hierro

Naceu en Madrid en 1964. É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, e obtivo os diplomas da escala superior de finanzas (especialidade de intervención) e da escala superior de finanzas (especialidade de inspección e xestión tributaria) da Xunta de Galicia. Tamén posúe o diploma de directivo da Xunta de Galicia (Escola Galega de Administración Pública).

Funcionaria da Escala Superior de Finanzas (G A1) da Xunta de Galicia (1999).

Xefa do Servizo de Fiscalización e Xestión, na Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (de 2000 a 2005 e de 2006 a 2007).

Xefa do Servizo de Recadación na Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña (de 2005 a 2006).

Interventora delegada na Consellería de Cultura e Deporte (de 2007 a 2009).

Subdirectora xeral de Fiscalización e Control Interno, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (de 2009 a 2011).

Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda desde xaneiro de 2012.