Jesús Oitavén Barcala
Naceu en Cotobade (Pontevedra) en 1965. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionario do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia e do Corpo de Xestión (en excedencia). Obtivo o diploma de directivo da Xunta e posúe o Diploma do Curso Superior de Urbanismo e o de Posgrao en especialización en Arrendamentos Urbanos e Propiedade Horizontal.
Comezou a súa carreira administrativa en 1993 como xefe de sección de Fiscalización no IGVS, e posteriormente como xefe de xestión económica e de control orzamentario na Consellería de Familia, Muller e Xuventude.
Ao longo da súa vida profesional traballou no Instituto Galego de Vivenda e Solo, onde foi director técnico de Supervisión e Asesoramento (1999-2005) e xefe da área de fiscalización (1994-1999).