Blanca García-Señoráns Álvarez

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES - Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Blanca García-Señoráns Álvarez

Naceu en Pontevedra en 1963. É licenciada en Xeografía e Historia nas especialidades de Arquivística e Biblioteconomía e en Historia Medieval. Realizou tamén un curso de perfeccionamento en Máster en Arquivística pola Fundación Universitaria San Pablo CEU, ano 1991.

Contrato laboral da Deputación de Pontevedra para a organización de arquivos municipais (1990).

Técnico Superior Documentalista en diferentes proxectos de organización de fondos documentais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, entre os anos 1991-1992.

Bolsa do Concello de Vigo para a organización, clasificación e inventario dos fondos do arquivo particular do Marqués de Mos e Valadares (1993).

Bolsa da Consellería de Cultura e Comunicación Social con destino no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (1994).

Contrato da Consellería de Cultura e Comunicación Social para levar a cabo os traballos de: revisión e reconto de protocolos notariais, descrición do fondo da Confraría da Virxe Peregrina e a organización e descrición do fondo familiar de D. Rafael Picó Cañeque no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (1994).

Contrato da Consellería de Cultura e Comunicación Social para a organización e descrición de fondos dos organismos do Movemento depositados no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (1995).

Bolsa da Consellería de Cultura e Comunicación Social para a organización e descrición de arquivos galegos con destino no Arquivo Municipal de Pontevedra (1996).

Bolsa do Concello de Pontevedra para realizar o traslado, organización e descrición dos fondos históricos do Arquivo Municipal con prestación ininterrompida entre os anos 1997 a 2001.

Profesora-colaboradora nos cursos básicos de arquivo para funcionarios da Xunta de Galicia en Santiago, en Vigo e Pontevedra organizados pola EGAP (anos 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003).

Asistencia técnica da Consellería de Economía e Facenda para levar a cabo a transferencia, organización, clasificación, descrición e servizo dos fondos documentais das distintas delegacións da Xunta en Vigo ao novo edificio administrativo da Xunta en Vigo, entre os anos 2002 e 2003.

Contrato menor da Consellería de Economía e Facenda para levar a cabo a descrición, inventario e transferencia ao Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra da documentación xerada pola antiga Cámara da Propiedade Urbana de Vigo, ano 2003.

Por outro lado tamén foi concelleira polo Partido Popular no Concello de Pontevedra (2003-2007) e xefa de gabinete do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia desde maio do ano 2009 ata setembro 2014.

Publicacións: inventario dos fondos do Arquivo Municipal de Nigrán, publicado pola Excma. Diputación de Pontevedra na colección “Plan de organización de Arquivos Municipais”.