VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES - Director xeral de Xustiza
José Tronchoni Albert
Nado en 1965 en Picassent (Valencia), licenciouse en Dereito pola Universidade de Valencia. Colaborador permanente como relator nas xornadas de dereito concursal e como formador na área de administradores concursais, así como colaborador habitual no Colexio de Avogados de Pontevedra en materia de execución civil; formador nas áreas de dereito procesual civil para funcionarios xudiciais e execución civil para letrados da Administración de Xustiza; e colaborador permanente na facultade de Dereito na Universidade de Vigo, primeiramente como profesor en curso de posgraduado e ultimamente como relator na área concursal.
- No ano 1996 é nomeado secretario xudicial (actualmente letrado da Administración de Xustiza) por oposición libre, tomando posesión no ano 1997 e desempeñando as súas funcións nos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución de Carlet Nº 1 (Valencia), Nº 3 de Cambados (Pontevedra), Nº 3 de Rubí (Barcelona) e Nº 6 de Ourense.
- No ano 2006 é nomeado secretario xudicial no Xulgado do Mercantil Nº 2 de Pontevedra. Durante os anos 2013 e 2014 compaxinou o seu cargo cos Xulgados do Social de Pontevedra.
- No ano 2016 é nomeado secretario coordinador provincial de Pontevedra, en comisión de servizos, e no ano 2017 como titular, ata xuño de 2022, cando é nomeado director xeral de Xustiza.