Manuel Pillado Quintáns

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA - Secretario xeral da Asesoría Xurídica Xeral

Manuel Pillado Quintáns

Naceu na Coruña en 1967. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ingresou na escala de Letrados da Xunta de Galicia por oposición na súa primeira convocatoria en 1996.

Letrado do Servicio Galego de Saúde na Dirección Provincial do Sergas en Lugo (1996).

Asesor xurídico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (1997).

Asesor xurídico da Consellería de Medio Ambiente (1998).

Asesor xurídico da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (2000).

Xefe de Gabinete de Asesoramento e Apoio á Actualización Normativa da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica (2005).