Susana López Abella

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE - Secretaria xeral da Igualdade

Susana López Abella

Naceu en Chantada (Lugo) en 1967. Realizou estudos de Ciencias Empresariais na Facultade de Empresariais de Vigo e é colexiada en xornalismo polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Conta con ampla experiencia en materia de igualdade ao ter estado á fronte desta Secretaría nos últimos nove anos (entre outubro de 2011 e xuño de 2020), procedente da Secretaría Xeral de Familia e Benestar, onde estivo entre abril de 2009 e outubro de 2011.

López Abella foi ademais deputada no Parlamento de Galicia, onde traballou nas áreas de muller, política social, igualdade e traballo, entre outras.