PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA - Secretaria xeral da Presidencia

Beatriz Cuiña Barja

Naceu en Vilagarcía de Arousa en 1967. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1990). Posúe tamén o título de funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (1993).

En abril de 2009 foi designada secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Ata o seu nomeamento, e desde setembro de 2007, ocupaba o posto de vicexerente da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.

Ao longo da súa traxectoria profesional desempeñou diversos postos na Administración autonómica. Ocupou durante dous anos a vicesecretaría xeral da Consellería de Medio Ambiente e, durante máis de sete anos, foi a secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo. O inicio da súa carreira administrativa desenvolveuse no servizo xurídico da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, onde ocupou, entre outros, o posto de xefa de sección de Recursos, Urbanismo e Vivenda.