Antonio Rodríguez Miranda

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA - Secretario xeral da Emigración

Antonio Rodríguez Miranda

Nado na Bola en 1967. Licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade en zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela. Técnico superior en Prevención de Riscos Laborais, especialidade en Seguridade e Hixiene Industrial. Profesor e director de Formación.

Foi concelleiro en Allariz dende 1999, portavoz municipal e presidente local do Partido Popular ata 2012.

Foi portavoz do Partido Popular de Galicia (PPdeG) desde 2009 a 2013. Na actualidade é membro do Comité de Dirección do PPdeG desde 2009 e do Comité Executivo desde o ano 2006.

Tamén é membro do Comité Executivo Provincial do Partido Popular de Ourense. Responsable de Emigración.

Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas VII, VIII, IX, X e XI  lexislaturas.
 
Desde decembro de 2012 é secretario xeral da Emigración.