PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA - Director xeral do Gabinete da Presidencia
Emilio José de la Iglesia Lema
Nacido en 1983 en Noia, Emilio de la Iglesia é licenciado en Dereito e posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Dereito Tributario Europeo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), na que ademais realizou tarefas de investigación.
Na súa traxectoria profesional ocupou varios postos na Administración autonómica. Desde 2013 desempeñou o cargo de subdirector xeral de Coordinación de Servizos Transversais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e tamén foi o coordinador de prevención fronte ao COVID-19 nas elecciones autonómicas do 12 de xullo de 2020.
Desde setembro de 2020 ocupou o cargo de xerente da Axencia de Turismo de Galicia.