VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

Delegación de competencias

Neste apartado publícanse as delegacións de competencias vixentes deste departamento, dando cumprimento ao disposto no artigo 7. c) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. As delegacións de competencias contribúen á axilización da tramitación administrativa dos asuntos que se lle atribúen mediante esta fórmula xurídica.

  • Resolución do 8 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sobre delegación de competencias na persoa titular da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa. Consultar aquí
  • Orde do 29 de decembro de 2017 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e noutros órganos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e entidades adscritas. Consultar aquí
  • Resolución do 7 de maio de 2013 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do 18 de febreiro de 2013, do Consello Reitor da Axencia Turismo de Galicia, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección da Axencia. Consultar aquí
  • Resolución do 17 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se delegan competencias en materia de medios persoais e materiais da Administración de xustiza en Galicia a favor das xefaturas territoriais desta consellería. Consultar aquí  

 

Data de actualización: 11/6/2020
Frecuencia de actualización: continua