VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Delegación de competencias

Neste apartado publícanse as delegacións de competencias vixentes deste departamento, dando cumprimento ao disposto no artigo 7. c) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. As delegacións de competencias contribúen á axilización da tramitación administrativa dos asuntos que se lle atribúen mediante esta fórmula xurídica.

  • Orde do 29 de decembro de 2017 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e noutros órganos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e entidades adscritas. Consultar aquí
  • Resolución do 17 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se delegan competencias en materia de medios persoais e materiais da Administración de xustiza en Galicia a favor das xefaturas territoriais desta consellería. Consultar aquí  

 

Data de actualización: 9/1/2018
Frecuencia de actualización: continua