CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Delegación de competencias

Neste apartado publícanse as delegacións de competencias vixentes deste departamento, dando cumprimento ao disposto no artigo 7. c) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. As delegacións de competencias contribúen á axilización da tramitación administrativa dos asuntos que se lle atribúen mediante esta fórmula xurídica.

  • Resolución do 18 de maio de 2017, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se revoga a delegación, do 5 de decembro de 2016, ao titular da Xefatura Territorial da Coruña do exercicio de determinadas competencias en materia de patrimonio cultural e se delegan no titular do Servizo de Coordinación da Área Cultural. Consultar aquí
  • Orde do 11 de xaneiro de 2016 pola que se modifica a Orde do 25 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos desta consellería. Consultar aquí
  • Orde do 25 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Consultar aquí   
  • Acordo do 8 de febreiro de 2012 de delegación de competencias na persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais. Consultar aquí   
  • Resolución do 3 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se delega nos titulares dos servizos de coordinación da área cultural das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o exercicio de determinadas competencias. Consultar aquí   
  • Acordo do 24 de xullo de 2012, do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección de Agadic. Consultar aquí   
  • Resolución do 24 de xullo de 2012, do presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección de Agadic. Consultar aquí  
  • Decreto 199/2012, do 27 de setembro, de delegación de competencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia no Concello de Santiago de Compostela, relativas á autorización de proxectos no denominado perímetro azul do concello. Consultar aquí 

 

Data de actualización: 28/6/2017
Frecuencia de actualización: continua