C. de Sanidade

Consello Técnico Asesor da Rede de centros de simulación clínica avanzada do Sistema Público de Saúde de Galicia

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: persoa titular da xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, ou persoa en quen delegue.
  • Secretario/a: unha persoa designada pola xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
  • Vogais: 14 vogais, dos cales:
    • Serán vogais natas/os as persoas que, no ámbito de cada área sanitaria, sexan designadas para desenvolver as funcións de coordinación das distintas actuacións en materia de simulación clínica avanzada, así como a persoa titular da dirección da área encargada da docencia e formación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
    • As/os demais vogais, ata o número máximo establecido, serán designados/as pola presidencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde. Dos/das devanditos/as vogais, unha persoa será proposta pola dirección xeral con competencias en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde, outra será proposta pola dirección xeral con competencias en materia de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde, outra será proposta pola dirección xeral con competencias en saúde pública da consellería competente en materia de sanidade e outra será proposta pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.