C. de Sanidade

Consello Técnico de Seguimento e Mellora da Calidade no Control Oficial en Saúde Pública

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa titular da dirección xeral competente en materia de control oficial en saúde pública ou persoa en quen delegue.
  • Vicepresidente/a: non se prevé
  • Secretario/a: unha persoa que teña a condición de persoal estatutario ou funcionario do servizo con competencias no deseño e implantación da política de calidade establecida para os servizos de inspección de saúde pública e na coordinación e execución da supervisión das actividades de control oficial en materia de seguridade alimentaria e saúde ambiental.
  • Vogais:
    • unha persoa pertencente ao órgano directivo con competencia na asistencia técnico-xurídica e administrativa da consellería competente en materia de sanidade.
    • unha persoa pertencente ao servizo con competencia na tramitación e xestión dos expedientes sancionadores do órgano directivo competente en materia de saúde pública.
    • unha persoa pertencente ao servizo con competencia nas actividades de control oficial no marco da protección da saúde fronte aos riscos asociados ao consumo de alimentos.
    • unha persoa pertencente ao servizo con competencia nas actividades de control oficial no marco da protección da saúde fronte aos riscos físicos, químicos e biolóxicos asociados a factores ambientais.
    • unha persoa de cada un dos órganos periféricos da consellería competente en materia de sanidade con competencia na execución da política de calidade establecida para os servizos de inspección de saúde pública e da supervisión das actividades de control oficial en saúde pública ou persoa en quen delegue.